Sobre a Wiki

Quen fai esta Wiki?

Facédela vós, alumnado de Tecnoloxía Dixital II de Deseño Gráfico da EASD Pablo Picasso. Deste xeito herdades a información que outros compañeiros publicaron; e deixades en herdanza as vosas aportacións para os seguintes en vir.
*Tamén pode participar calquera outra persoa que lle interese este tema.

Para que serve esta Wiki?

Moitas veces atopamos recursos e información de interese; as veces, esa información proven dos profesores e profesoras da Escola… que a poñen nas Aulas Virtuais… ás que xa non tedes acceso cando remata o curso :(
Esta wiki pretende ser unha axuda para recopilar todos eses recursos e páxinas que vos gustan a vós e que lles gustan aos vosos compañeiros. Deste xeito, unha vez rematodos os vosos estudos, seguiredes podendo consultala.

Que se publica nesta Wiki?

Podedes publicar calquera información, recursos, artigo, páxina… relacionada co deseño e a tecnoloxía web.
Antes de publicar, botade un ollo as seccións que hai e aseguradevos que non publicar nada repetido.

Como se publica nesta Wiki?

Moi sinxelo. Tes que facerte membro solicitando unha chave de acceso e xa tes vía libre para engadir o que consideres. Sé prudente e pensa no que pode ser interesante no desenvolvemento desta disciplina.

Si no se indica lo contrario, el contenido de esta página se ofrece bajo Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 License